![]() |
| 11 titular en el partido de la primera vuelta ante el Chantada. |
Pues simplemente pondré la crónica que hay en la página web del SD Chantada, y que matiza un lance del juego que pudo crear polémica (ultimo párrafo de la crónica). Es de admirar que se utilicen estas webs para intentar arreglar situaciones que en el momento del partido no se entienden o simplemente los demás no quieren entender. Por lo tanto agradezco al Chantada por esta observación realizada, aunque yo no vi esa jugada, seguro que alguno de los lectores de blog sí sabrán de cuál se trata.
Os cadetes lograron un merecido triunfo no feudo do Barco, que chegaba a este encontro invicto e conseguen igualar cos de Valedoras no máis alto da táboa.Os de Juan realizaron un partido moi serio desde o inicio, e adaptáronse moi ben as reducidas dimensións e ó terreo de xogo de terra. Amosáronse sólidos en defensa, e a penas concederon perigo ós locais, que aínda así dispuxeron de un par de achegamentos perigosos no primeiro periodo. Tamén os tería os nosos, pero o meta estivo acertado ante os lanzamentos de Expo e Dani. Con empate sen goles chegouse ó descanso.Ós dez minutos da reanudación Michi desnivelaba ó marcador ó batir ó meta rival tras unha gran xogada persoal. Os chantadinos eran superiores e chegaban con máis claridade, aínda que o Barco tamén tivo un achegamento perigoso que non chegou a concretar. Adri transformaba unha pena máxima cometida sobre Lobelle no minuto 64 e encarrilaba o encontro.Xa no último minuto encontro, no 80, chegaría a xogada polémica do encontro e que queremos aclarar desde esta web: tras un bote neutral, un defensa chantadino golpea o esférico coa intención de devolvelo, pero o dianteiro Lobelle non se decata da situación e cun bo tiro bate ó meta rival; ante esta situación, os xogadores e adestradores do noso clube indícanlle ós locais a súa intención de deixarlles marcar un gol polo malentendido que acababa de ocorrer, pero éstes rechazan esa posibilidade e un par de xogadas despois acaba o encontro. Queremos explicar esto para que non se vexa manchada a imaxe dun clube coma o noso sempre deportivo, e por eso relatamos os feitos tal e como foron, e pedimos desculpas se algún xogador ou aficionado local interpretou mal a xogada. Cabe recordar, ademais, que neste encontro, ó estar os dous equipos clasificados, non existía nada en xogo, polo que non tería sentido ningún intentar usar artimañas antideportivas.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada